O Club Ciclista prepara o galego de fondo junior para o 18 de xullo

Ciclistas ante o Pasatempo. Foto do Club Ciclista

Cun protocolo de seguridade excepcional o Club Ciclista Betanzos anunciou que traballa na organización do campionato galego de ciclismo de fondo en estrada para categoría junior. Conta co apoio do Concello, da Federación e dos clubes que participan.

É unha proba que chega para pór o ramo aos 40 anos que a entidade celebra, precisamente, este ano.