O Betanzos trae tres puntos da visita ao Sporting Ciudad

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Dous goles e tres puntos na mochila é o balance do encontro desputado a pasada fin de semana entre o Betanzos e o Sporting Ciudad no campo coruñés de San Pedro de Visma.

Os visitantes impuxeron o seu xogo e adiantáronse no marcador a pouco máis de media hora de xogo. Logo administraron a súa vantaxe e ampliárona a pouco menos de 15 minutos sobre o tempo regulamentario.

Seguen cuartos, con 54 puntos.