O Betanzos substitúe ao entrenador para rematar a tempada

Un encontro do Betanzos como local

O Betanzos C.F. informou que chegara a un acordo para cesar a Miguel Pena como entrenador do primeiro equipo. A entidade agradécelle os servizos prestados e apenas uns días despois anunciou a contratación de Noé López polo que queda de tempada

O novo técnico, de 41 anos, convértese así en novo técnico do Betanzos CF para o que resta de campaña. Adestrou anteriormente ao Atlético Arteixo, Xallas de preferente norte ou Fisterra, o seu último clube en primeira Galicia Grupo 2.