O Betanzos non pasa do empate no primeiro partido do ano

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Xogou ben o Betanzos C.F. na súa visita ao Cadaval para medirse ao Narón, pero non pasou do empate. E iso a pesar de inaugurar o marcador no minuto 20. O Narón deulle a volta ao partido e o Betanzos C.F. lograría empatar tras a reanudación.

Outro puntiño para seguir na loita polo terceiro posto, ante o oitavo clasificado que só gañou un partido en casa en toda a primeira volta