O Betanzos imponse ao Narón no García Irmáns

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

O Betanzos impúxose por 4-3 ao Narón na súa visita ao García Irmáns. O primeiro tanto chegaría no minuto 15 para os betanceiros, que chegaron ao descanso con 2-1 favorable.

No 72 ampliaran a 4-1 a vantaxe e logo relaxaron un pouco a tensión, o que levou aos visitantes a recurtar distancias sen poñer en perigo a renda dos rojillos en ningún momento, pois o resultado definitivo chegaría cumpríndose o tempo regulamentario.

Tras o parón da Pascua, o Betanzos visitará esta fin de semana á U.D. Carral, quinta clasificada. Os 57 puntos do Betanzos válenlle a terceira praza, pero tería que sumar tres victorias noutros tantos encontros que quedan e o Victoria CF perder os tres para poder colarse de segundo.