O Betanzos firma táboas co Sporting Cambre

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Cun empate a dous tantos o Betanzos sumou un punto máis esta fin de semana no García Irmáns. O Sporting Cambre impuxo o seu ritmo, e á media hora xa levaba marcados dous tantos. Os locais recurtaron distancias antes do descanso.

A segunda parte foi mellor para os locais, que, con todo, non foron quen de pasar do empate inicial.