O Betanzos empata no derbi en Gallamonde

Un partido da AD Miño

Visitaba o Betanzos C.F. a pasada fin de semana á A.D. Miño no seu campo de Gallamonde. Uns postos de distancia colocan aos betanceiros sobre os miñenses na táboa, mais o partido foi moi igualado.

Houbo que agardar ao 77 de xogo para que os locais se adiantasen no marcador. Mais esta vantaxe foi truncada cinco minutos máis tarde polos visitantes, que restableceron o reparto de puntos inicial.

O Betanzos segue cuarto, pero a bastante distancia dos postos para desputar o ascenso.