O Betanzos C.F. vence por 2 a 0 ao Maniños

Un encontro do Betanzos como local

Cómoda victoria na tarde de onte para o Betanzos C.F. no seu enfrontamento no García Irmáns ante o Maniños, antepenúltimo clasificado.

Os betanceiros sumaron tres puntos máis, e levan 51, grazas ao 2-0 endosado aos de Ferrolterra. Un gol a pouco máis de 5 minutos do inicio e outro cando faltaba outro tanto para cumprirse o tempo reglamentario certificaron a victoria local.

Todo presaxiaba que serían os locais, cuartos clasificados e practicamente sen opcións de ascenso, quen levarían o encontro e así foi. Sen marxe para as sorpresas, o novo inquilino do banco rojillo ensaiou algunha cousa nova sobre o terreo de xogo.