O Betanzos C.F. vence comodamenta ao Val

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Tres goles a cero foi a colleita que se trouxo o Betanzos C.F. da súa visita ao campo naronés de Sinde, onde se mediu á S.D. O Val.
O Betanzos C.F. foi superior en todo momento e controlou o encontro desde o inicio grazas a un madrugador gol de Martín López.

O segundo tanto, cando se cumprían cinco minutos de xogo, permitiu ao conxunto rojillo administrar comodamente o encontro no seu beneficio. Os naroneses, no encontro, demostraron tamén porque marchan terceiros pola cola.

O resultado fai sumar 44 puntos ao Betanzos C.F., que se mantén segundo.