O Betanzos C.F. vence ao Sporting Ciudad e colócase segundo

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Por un a dous o Betanzos C.F. impúxose ao Sporting Ciudad no encontro desputado o pasado sábado na Agrela. O mellor do encontro foi a solidez amosada e os tres puntos colleitados, que colocan aos betanceiros de segundos con 36, tras o traspés do Ordes ante a A.D. Miño, que sen pretendelo botou unha man ao rival betanceiro.

O Betanzos C.F. suma dúas victorias no que vai de ano, e testará agora esta xeira ante o Abellá, penúltimo clasificado.