O Betanzos C.F. vence ao Olímpico e marcha terceiro

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Por 3 a 2 tantos o Betanzos C.F. impúxose ao Olímpico C.F. no García Irmáns na terceira xornada da liga en Primeira Galega. Os betanceiros abriron o marcador no primeiro minuto de xogo e aínda que os visitantes restableceron a igualada cando non ía media hora, os locais sempre mantiveron o control do partido.

Cumprida a media hora de xogo o Betanzos C.F. xa recuperara a vantaxe no marcador, que ampliaría na segunda parte e que retería ata o final do encontro malia os visitantes recurtar distancias.

Os tres puntos sumados danlle un total de sete ao Betanzos, que marcha terceiro na clasificación.