O Betanzos C.F. vence ao Eume Deportivo no García Irmáns

Un encontro do Betanzos como local

O Betanzos C.F. venceu esta pasada fin de semana no García Irmáns por 2-1 ao Eume Deportivo. Os locais controlaron o xogo mellor que os eumeses, proba de que no 65 ían por diante no marcador con dous tantos. No 84 chegaría o gol da honra para os visitantes.

O resultado mantén ao Betanzos C.F. como terceiro clasificado con 20 puntos, os mesmos que o segundo.