O Betanzos C.F. vence a domicilio á A.D. Miño

Un partido da AD Miño

Impúxose por cero a dous o Betanzos C.F. na visita que rendiu a pasada semana a Gallamonde, para medirse ao conxunto miñense. Ás doce e cuarto da mañá comezou o partido, da decimoterceira xornada ligueira, que se saldou coa victoria visitante no último cuarto de hora do encontro.

Dous goles do Betanzos C.F. no 72 e no 90 permiten aos rojillos sumar tres puntos máis e manterse terceiros na táboa, a un do segundo, a S.D. Ordes, pero a máis distancia do líder, un Victoria F.C. que suma xa 35 puntos e se alonxa en solitario. Os miñenses acabaron a xornada como 13 clasificados.