O Betanzos C.F. suma tres puntos en Cambre e é colider

Un encontro do Betanzos como local

Un solitario gol de Andrés serviu este pasado domingo para que o Betanzos C.F. sumase tres novos puntos. O conxunto do Carregal visitaba Cambre, para medirse ao Brexo-Lema. A primeira parte foi de tanteo entre ambos equipos, e na segunda o conxunto visitante apretou algo máis.

Paco serviu un pase que Andrés aproveitou cando se cumpría o primeiro cuarto de hora desde a reanudación e subiu ao marcador o único gol do partido. O conxunto local nin sequera reaxiu así e só amagou con igualar cando ía moi vencido o tempo regulamentario.

O partido foi algo máis prolífico en tarxetas. Cinco amarelas sacou o colexiado, unha para o equipo local e o resto para os betanceiros. O Betanzos, grazas a estes tres puntos, marcha segundo, empatado a dez puntos co líder, o Victoria C.F.