O Betanzos C.F. organiza un campus deportivo en xullo

A celebración do Betanzos C.F. Imaxe do clube

O Betanzos C.F. presentou o seu campus deportivo, dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos. Está dividido en catro turnos de cada unha das catro semanas que ten o mes de xullo.

O horario será de luns a venres en horario de 10 da mañá a 2 da tarde. Como novidade incluirá a opción de madrugadores, para que se poida entrar ás 9:00 da mañá para facilitar a conciliación.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición estará aberto a ta o 21 de xuño nas oficinas do Betanzos C.F. no campo do Carregal.