O Betanzos C.F. non pasa do empate en Meicende

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

Visitaba o Betanzos C.F. a localidade arteixá de Meicende para medirse ao conxunto local. Nun encontro equilibrado, os visitantes adiantáronse no marcador cando non ían aínda 20 minutos de xogo. Mon conseguía o único tanto para o Betanzos C.F., que tivo que ver como apenas cinco minutos máis tarde os locais restablecían a igualada inicial.

O marcador non se movería xa máis no resto do encontro. Os dous equipos deron por bo o reparto de puntos e o xogo transmitiu esa incapacidade de ir por máis. O resultado deixa ao Betanzos C.F. xa a dous puntos do segundo, o Victoria, co que se medirá precisamente esta fin de semana. Para a outra, o Betanzos C.F. medirase ao Ordes, vixente líder da clasificación. Ambos encontros darán boa medida das opcións reais dos rojillos para retornara a Preferente, declarado obxectivo da tempada.