O Betanzos C.F. feminino é de Primeira

A celebración do Betanzos C.F. Imaxe do clube

O conxunto feminino do Betanzos C.F. puxo o ramo á tempada vencendo por 4 a 1 ao PM Friol Lugo B o pasado domingo. O triunfo confirma o excelente estado do equipo betanceiro e supuxo o seu ascenso á Primeira División galega, categoría na que militará a vindeira tempada.

Tras o pitido final e a celebración no campo, as xogadoras e afeccionados desprazáronse ata a praza do Campo, para celebrar o ascenso subindo á fonte de Diana.