O Betanzos C.F. decide inscribir a todas as súas categorías nas competicións da Federación 

A celebración do Betanzos C.F. feminino tras o título acadado. Imaxe do clube

Tras varias reunións entre a directiva, corpo técnico das diferentes categorías, xogadores/ as, pais e nais dos xogadores das categorías base e empregados do Betanzos C.F., a entidade decidiu participar con todas as categorías nos diferentes torneos organizados pola Real Federación Galega de Fútbol, cumprindo sempre co protocolo establecido para garantir a seguridade sanitaria dos participantes.

Os primeiros en formalizar a súa inscrición, xa que están no Nivel 1 da desescalada indicada pola RFGF, foron o equipo senior masculino do Betanzos C.F., que participará en Preferente Galicia e o senior feminino que xogará en 1ª LGF 1ª División Feminina. O primeiro equipo fará a súa estrea en preferente Galicia o día 24 de xaneiro e o equipo senior feminino volverá de novo aos terreos e xogo o día 7 de febreiro.

Desde o Betanzos C.F. apelan á cautela e á responsabilidade individual ante esta nova situación.