O Betanzos C.F. abre prazo para inscribirse

A celebración do Betanzos C.F. Imaxe do clube

O Betanzos C.F. volta tamén á normalidade tras celebrar o ascenso de categoría do primeiro equipo. Nas súas redes sociais xa informou de que abre o prazo de inscrición nos seus equipos para a vindeira tempada, así que todos aqueles interesados poden dirixirse xa ao clube.