O Betanzos arrinca a liga como local o 9 de setembro

Un lance nun partido do Betanzos C.F. como local

A competición regular arrincará para o Betanzos C.F. cunha estrea diante do seu público. Será o vindeiro 9 de setembro ante o Sporting Ciudad.

O clube anunciou a incorporación de catro xogadores para o seu novo proxecto. Así, Jesús Jurado incorpórase ao club para defender a portería do García Irmáns procedente da SD Sofan de preferente Galicia.

Joseba Gómez procede do Boimorto CF de preferente Galicia e chega para apontoar a defensa do cadro rojillo. O Betanzos C.F. destaca que “Martín López procede do Brexo Lema de primeira Galicia e seguro que achega ao equipo a súa calidade e bo trato co balón para facer xogar ao equipo”.

“Maikel Casal tentase ser desequilibrante no ataque do equipo dirixido por Noé López e achegar goles ao cadro betanceiro” indican desde o Betanzos C.F. Chega desde o Boimorto CF de preferente Galicia. A entidade fichou así un xogador por liña para reforzar o conxunto da anterior tempada.

Do conxunto da anterior tempada o clube conta con Andro, Jesús, Cupeiro, Taín, Joseba, Arume, Carneiro, Kevin, Da Lama, Christian, Mon, Rebolo, Álvaro, Andrés, Martín, Paco, Martín López e Maikel.