Miño celebrará o domingo 22 de marzo un roteiro ciclista a beiras do Lambre

Miño celebrará o vindeiro sábado 22 de marzo un roteiro ciclista a beiras do río Lambre. A actividade está organizada polo Club Ciclista Miñotauros, coa colaboración do Concello de Miño. Serán un total de 12 quilómetros, nun roteiro de dificultade moderada.

Ao finalizar a mesma celebrarase unha comida popular, para o que haberá que achegar 5 euros por persoa. Os interesados poden formalizar as inscricións no correo electrónico ccminotauros@gmail.com e no teléfono 618 887 897.