Medio millar participan no Trail do Mandeo

Unha participante chegando á meta. Foto do Trail do Mandeo

Medio millar de persoas tomaron a saída onte no Trail do Mandeo. Desde a praza da Constitución ata a praza da Constitución, o percorrido trazou unha rota circular que levou ás persoas participantes a pisar pistas agrarias, sendeiros forestais e camiños asfaltados e peiraos.

A cita tiña tamén unha modalidade de andaina, para que calquera persoa puidera gozar dun percorrido asequible a todos os públicos, e o custo dos dorsais desta modalidade foi entregado á investigación contra o meduloblastoma.

A proba coincidiu coa segunda xornada da Mostra de Produtos da Reserva, que se celebraba no Campo.