Marzo retoma un ano máis as Marchas Ciclistas de Primavera

Ciclistas ante o Pasatempo. Foto do Club Ciclista

Os domingos 8, 15, 22 e 29 de marzo terán lugar as marchas populares de primavera, un evento para ciclistas amateur organizado polos dous clubes que hai na cidade, o BTT Caimanes e o Club Ciclista Betanzos.

Para participar é obrigatorio o uso de casco, pero polo demais calquera afeccionado ao deporte das dúas bicicletas pode achegarse ao punto de partida, no Campo, ás 12 da mañá para dar unha volta na cidade nunha serpe multicolor, e tomar un refrixerio en compaña de máis ciclistas.

Varios establecementos comerciais e o Concello colaboran no evento.