
Filgueiras, á dereita da imaxe, do facebook do Club Caimanes de Betanzos
A ciclista betanceira María Filgueiras proclamouse subcampioa estatal de ciclocrós na categoría cadete na competición estatal desputada en Torrelavega (Cantabria) e na que participou como membro da selección galega. A moza brigantina estaba inveicta nestas probas e partía como unha das favoritas, e tan só foi superada pola nova campioa estatal no treito final da competición.
O de Filgueiras, que compite no Betanzos BTT Caimanes, é un dos seis metais, tres ouros, dúas pratas e un bronce, que sumou o combinado nacional galego.