
Imaxe do facebook do Club Caimanes de Betanzos
María Filgueiras, do Caimanes de Betanzos, proclamouse onte en Ferrol campioa galega cadete de ciclocrós. Filgueiras fixo unha exhibición e dominou de principio a fin a carreira por diante de Uxía Soto e Marta Estévez, do Avanza.
O seu compañeiro Fabián Rodríguez foi terceiro na proba júnior de maneira que o Caimanes de Betanzos se colgou dúas medallas.