María Filgueira, do Caimanes, líder na Copa estatal cadete de ciclismo

Ciclistas ante o Pasatempo. Foto do Club Ciclista

María Filgueira, do Club Ciclista Caimanes de Betanzos, sumou unha nova alegría para o ciclismo betanceiro ao proclamarse campioa na categoría cadete da primeira proba da tempada da Copa de España de ciclocrós, desputada a pasada fin de semana na localidade valenciana de Sueca.

A galega púxose líder nos primeiros compases e non abandonou esa posición en toda a carreira e xa non deixo esa posición ata a súa entrada en meta. Isto permítelle colocarse como líder nac ometición estatal.

O seu compañeiro de clube Fabián Rodríguez, júnior de primeiro ano, loitou gran parte da carreira entre os dez primeiros para finalmente ser décimo terceiro.