Marcelo Vásquez imponse na XIX Carreira Popular

Un intre da carreira popular. Imaxe de Amigos do Casco

Arredor de trescentas persoas participaron o pasado sábado na Carreira Popular de Betanzos, que este ano celebraba a súa decimonovena edición. Titulada “5KM, 6 pontes”, o rótulo da proba resumía as principais características do percorrido.

O primeiro corredor en cruzar a liña de meta na distancia 5K foi o atleta Marcelo Vásquez Cortés. A proba contou coa organización de As Vellas non Paramos e o Concello, co apoio técnico de Carreiras Galegas. Contaba cunha modalidade de andaina, para menores e persoas non habituadas a correr tanta distancia.