Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación

Unha carreira ao seu paso pola Porta da Vila

A deputada da área de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares. O acto contou tamén coa asis-tencia doutros membros do Goberno provincial coma a deputada de Educación, Sandra González, e o deputado de Emprego, José Ramón Rioboo.

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 30 probas do circuíto, que na súa sétima edición recalou nos concellos de Oroso, O Pino, Mazaricos, Dumbría, San Sadurniño, Zas, Culleredo, Carballo, Cee, Tordoia, Muxía, A Laracha, Curtis, Ares, Cambre, Carnota, Ferrol, A Pobra do Caramiñal, Noia, Corcubión, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto do Son

Entre os máis de 15.000 corredores que participaron nas carreiras, proclamá-ronse vencedores nas categorías absolutas masculinas Amador Pena Torreira (Club O Pino), Juan Ávarez Cures (Club O Pino) e Rubén Insua Díaz (Club Sar- Vermú Petroni) , e nas femininas Rocío Alvite Ferriro (Sar), Natalia Rivas Suá-rez (O Pino) e Tina Fernández Barreiros (Sar). Asemade, foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferen-tes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

No pódium por equipos, o Club Atletismo Sar- Vermú Petroni (Comarca do Sar) resultou vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. A clasificación masculina completárona o Club Atletismo O Pino (O Pino) e Noite-bra (Santiago) mentres que o segundo e terceiro premio femininos recaeron en Atletismo O Pino e Club La Mochila del Deporte (A Coruña).

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, Asociación Deportiva Olimpia e Triki Team, mentres que os equipos masculinos gañadores foron Triki Team, Santa Uxía e Atletismo Noia.

Cristina Capelán felicitou ás gañadoras e gañadores e agradeceu a gran parti-cipación coa que contaron todas as carreiras, así como o extraordinario labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de corredores.