Ivanna Román logra a prata no campionato estatal sub23

Ivanna Román na gala do deporte de 2017. Imaxe do Concello

Na súa estrea na categoría sub23 a betanceira Ivanna Román acadou a prata no campionato estatal de xabelina cun lanzamento de 41,46 metros. Menos dun metro separou á atleta brigantina do ouro na súa estrea, que con 42,38 metros levou a castelá Andrea Benedito.

Coa mesma marca que a betanceira, o bronce foi para a madrileña Sylvia Corre. O campionato estatal desputouse en Sevilla.