Ivanna Román faise co campionato estatal sub20

Ivanna Román na gala do deporte de 2017. Imaxe do Concello

A xavelinista betanceira Ivanna Román proclamouse a pasada fin de semana campiona estatal sub20. Na cita, celebrada na localidade catalá de Granollers, a lanzadora brigantina rexistrou o mellor lanzamento, cunha distancia de 43,74 m.