Ivanna Román e Carlos Arévalo, mellores deportistas do ano na Gala do Deporte

Ivanna Román na gala do deporte de 2017. Imaxe do Concello

O Concello celebrará a IV Gala do Deporte o venres 20 de decembro. Na Gala distinguiranse e recoñecerase publicamente a traballo, resultados e méritos deportivos das persoas e clubs e entidades deportivas que desenvolven o seu labor no Concello.

Os galardoados deberán ser agora ratificados polo Pleno na sesión que se terá lugar o vindeiro martes. Así, como mellor deportista masculino escolleuse ao piragüista Carlos Arévalo López, subcampión do mundo de K4 500 metros; como mellor deportista feminina a Ivanna Román Sánchez, campioa de España xuvenil de xavelina.

A gala tamén destacará a traxectoria como mellor deportista promesa masculino de Pedro Mantiñán Vieira, na disciplina de patinaxe de velocidade e como promesa feminina á piragüista Irene Lata Cagiao. Tamén se nomeará ao Betanzos CF Infantil coma mellor equipo masculino do ano e ao conxunto feminino deste mesmo club como mellor equipo feminino do concello.

A mellor entidade recaerá no Clube Náutico Ría de Betanzos, polo palmarés dos seus deportistas

Canto a deportistas destacados os nominados serán: Samuel Crespo Valiño, Jessy Sun Shin Veiga e Adriana Carro Aguiño (taekwondo), Pablo Pena Mosquera, Diego Fernández Balado, Antón Veiga Prado, Joaquim Fragoso Rivas, Neftalí Paraje Díaz, Adolfo Monteagudo Leal, Marcos Cascallar Guiadas, Javier Benito Rey e José Domingo Vía Gómez (piragüismo), Carmen Castro Rábade e Sara Edreira García (hípica), e Raquel Vara Pernas (pádel).