Iván Villaverde deixa o banco do Santo Domingo

Un encontro do Santo Domingo no pavillón municipal

O Santo Domingo Betanzos comunicou o cesamento deIván Villaverde como adestrador do Clube, tras manter unha xuntanza co xa expreparador do conxunto. A directiva agradécelle “o traballo, dedicación e implicación máxima”.

A dirección do Santo Domingo informou tamén que o novo adestrador do equipo será  Óscar Fernández Calvo, que lograra o ascenso a EBA hai 7 tempadas, e dirixiu o conxunto ata 2015, cando declinou dita responsabilidade por motivos profesionais e familiares.

“Óscar Fernández Calvo adestrou en todas as categorías do Santo Domingo Betanzos desde escolas a primeiro equipo desde a súa chegada ao clube hai xa 19 anos” explica a entidade nun comunicado.