Iván Fernández faise co oitavo posto no Mundial sub23

O padexeiro do Ría de Betanzos Iván Fernández

Na que era a súa primeira participación no Campionato do Mundo en categoría sub23, o padexeiro do C.N. Ría de Betanzos Ivan Fernández acadou un meritorio oitavo posto.

Fernández competía en K1-500 e callou unha grande actuación na proba para situarse na final.