Irene Lata proclamouse campioa no Galego de inverno de piragüísmo

Imaxe de arquivo de Irene Lata competindo

Bos resultados os acadados polo CN Ría de Betanzos no campionato galego de inverno k1/c1, desputado en augas do encoro de Castrelo de Miño a pasada fin de semana. Irene Lata, en categoría xuvenil, alzouse co ouro no seu K1. as suas compañeiras Gema e Andrea ocuparon a cuarta e decimoquinta posición respectivamente. En senior Laura logrou un noveno posto e Esther fíxose coa prata en veteranas tamén no K1.

Nas categorías masculinas, o K1 xuvenil deixou un 13 e un 29, para Diego e Pablo, no senior na mesma embarcación un 16 e un 37, para Cascallar e Javito, na sub23 outro 16 e un 30 os que lograron Darío e Pablo. En veteranos, Neftalí fíxose cun sétipo posto, Adolfo logrou o ouro en 45-49, Julían e Roberto asinaron as prazas 12 e 16 e Xosé logrou a plata en C1 veteranos 40-44.