Irene Lata desputará dúas semifinais do Europeo junior

Irene Lata, segunda pola esquerda, tras lograr a prata no K2 500 mixto

Despois de conquistar a prata no campionato estatal de sprint a bordo do K2 500 mixto que compartía con Darío Rodríguez,  a padexeira Irene Lata desputará hoxe as semifinais do Campionato de Europa júnior en K1 e K4 500.

A betanceira, que compite co combinado estatal en augas de Racice (República Checa), estará hoxe nas dúas semifinais tras clasificarse onte.