Infantís e alevíns conquistan a Liga para o Betanzos C.F.

A celebración do Betanzos C.F. Imaxe do clube

O Betanzos conquistou dúas ligas nas categorías inferiores. O seu conxunto infantil proclamouse campión de liga, ao que sumou o feito de lograr o ascenso de categoría. Así, a vindeira tempada militará en primeira infantil.

Os alevíns gañaron a súa liga de fútbol 11, a primeira parte da tempada despútana a F8 e a segunda parte da liga xogaban a F11 onde se amosaron intratables e foron capaces de facerse co liderado.