Indignación no Betanzos CF polos intentos de fichar os seus xogadores durante o estado de alarma

O Betanzos CF fixo público un comunicado referíndose aos intentos de fichar a algúns dos seus xogadores aprobeitando o estado de alarma. Segundo fixo público o club algúns dos seus xogadores recibiron estes días chamadas e mensaxes doutros clubes que intentar incorporalos ás súas filas para a próxima temporada.

A indignación prodúcese segundo explican neste comunicado porque se produzan estes intentos nun momento de estado de alarma provocado pola pandemia do coronavirus que paralizou toda a competición deportiva e porque estes “cazatalentos” -como se refire o mesmo comunicado- contactasen cos pais ou nais dos rapaces e cos propios xogadores pero non co Betanzos CF.

O Betanzos aproveitou para deixar claro que o prioritario para eles é a saúde e benestar dos seus xogadores neste momento e que desexan poder o antes posíbel a actividade deportiva con seguridade para saúde.