I Trail Nocturno do Camiño Inglés en Abegondo

Encoro de Beche (Abegondo)

O I Trail Nocturno do Camiño Inglés de Abegondo celebrarase este venres. A actividade exporá un percorrido de 12 quilómetros e outro de 7 para a camiñada. Ambas as probas terán un percorrido circular, co punto de saída e a chegada fixados no encoro de Beche.

A actividade comezará ás 19.00 horas coa recollida de dorsais, que se estenderá ata as 20.00 horas. Ás 20.30 horas será a saída e a entrega de premios está prevista para as 22.15 horas. Os interesados poden consultar máis información e formalizar as súas inscricións na páxina web www.galitiming.com.

A inscrición incluirá un seguro de accidentes e responsabilidade civil, avituallamiento líquido e sólido, un agasallo, unha reportaxe fotográfica en aberto e, para concluír, ofrecerase aos participantes un petisco e música en directo.