E se aproveitas o confinamento para deseñar o uniforme do Betanzos C.F. ou o Troula F.S?

Campo de fútbol

Aunar creatividade e balompé como alternativa ao confinamento. É a conclusión á que chegaron o Betanzos C.F. e o Troula F.S. para sobrelevar o estado de alarma. Ambos clubes convocaron senllos concursos para deseñar o seu equipamento para a vindeira tempada.

En ambos casos o premio é un vale de 50 euros para gastar en Todo Deporte. A dinámica é a mesma, debuxar o deseño, subir a foto á rede social facebook etiquetando ao Grupo Todo Deporte e mais ao Troula F.S., de optar polo deseño para o futsal, ou do Betanzos C.F. de optar pola entidade do Carregal. A data límite, en ambos casos, é o 20 de abril, luns.

O concurso para deseñar ambas equipacións está destinado ao público infantil.