Dous podios para o Ría de Betanzos no descenso internacional do Miño de Tui

Padexeiros do CN Ría de Betanzos no podio en Tui. Imaxe do CN Ría de Betanzos en facebook

O Clube Náutico Ría de Betanzos callou unha excelente actuación en augas de Tui, onde se desputou o descenso internacional do Miño, que este ano celebraba a súa 49ª edición, sen a proba popular. A entidade con sede no porto brigantino conquistou dous podios, tras subir o k2 xuvenil feminino de Irene Lata e Gema Cagiao logo de rematar a súa carreira en primeiro lugar.

Primeiro foi tamén o K2 veterano de Neftalí Paraje e Adolfo Monteagudo. Ademais, o K1 cadete de Javier Suárez acabou en novena posición e Manuel Roel e Pablo Fraga acadaron posto 11 no seu K2 cadete.