Derrota do Troula en Culleredo por 6 a 3

Un momento dun partido do Troula

Por 6 a 3, e desbaratando a vantaxe inicial, o Troula caeu nun mal partido ante o cullerdense Unión GR9 no pavillón Sofía Casanova, que acollía unha xornada solidaria de recollida de alimentos.

O conxunto local soubo apoñerse ao madrugador 0-2 que valeu aos do Troula para adiantarse no marcador. Con todo, tal parcial era un espellismo porque o Troula non desputou, nin de lonxe, o seu mellor partido ante o que ata esta fin de semana era o líder da táboa.

A reacción do equipo local chegaría antes do descanso, cunha gran intensidade na presión que facía que o Troula baixase o ritmo e restablecer as táboas iniciais. A segunda parte foi para o equipo local, que mantén a pugna pola cabeceira.