Celebran un concurso de surf no Regueiro, pechado ao baño por contaminación

A praia do Regueiro. Imaxe de Turismo.gal

A praia bergondesa do Regueiro acolleu onte unha nova edición de Ondalonga Surfing Day. Ao redor de cen surfistas, entre os que había deportistas portugueses e asturianos, reuníronse onte no areal para cabalgar ondas longas.

O bipartito bergondés colaborou na celebración deste campionato malia estar o areal pechado ao baño pola contaminación das augas pola elevada concentración de bacterias fecais. Concretamente, colaborou coa organización prestando cobertura a través de Protección Civil. Ao remate os participantes gozaron dunha comida e repuxeron forzas con caldo e empanada.