Caimanes organiza a VI MiniBTT este domingo

Unha edición da Mini BTT. Foto de dospuntocerosportteam

O Carregal acollerá este domingo, día 30, a VI MiniBtt Caimanes de Betanzos, organizada polo Club Btt Caimanes. A proba realizarase entre os terreos da xunta de compensación do Carregal, o viario público do entorno e a parte baixa do parque do Pasatempo, nun circuíto adaptado a cada categoría, cunha distancia de dous quilómetros.

No encontro daranse cita 400 ciclistas de toda Galicia, de entre os 4 e os 14 anos. A proba ciclista desenvolverase a partir das 11.00 horas. Comezará cos participantes máis pequenos do pelotón.

O peche da xornada quedará a cargo dos maiores e prevese que a competición finalice ao redor das 14.30 horas. Unha vez finalizadas as probas haberá unha churrascada.