Betanzos e Miño acollerán a fase previa do campionato estatal de futsal

Un partido de futsal no Municipal do Carregal

As Seleccións Galegas sub 19 e sub 16 femininas serán as anfitrioas da fase previa do Campionato estatal que terá lugar do 26 ao 29 de decembro. A cita reunirá no noso país aos combinados das distintas comunidades nas categorías sub 16 e sub 16 femininas.

A Real Federación Galega de Fútbol organizará os encontros correspondentes ao Grupo A do que forman parte Ceuta, Madrid, Castela A Mancha e a anfitrioa, Galicia.

Esta fase previa, que terá lugar do 26 ao 29 de decembro, terá como escenarios os pavillóns municipais de Betanzos e de Miño. As Seleccións Galegas sub 19 e sub 16 femininas xa se puxeron a traballar para preparar esta importante cita. Tanto o combinado sub 19 que dirixe o seleccionador Jorge Basanta como a sub 16 que prepara o betanceiro Chipi xa acumulan varias sesións de adestramento co obxectivo de presentarse nesta fase previa en plenas condicións.

O goberno local asegura nas redes sociais que a cita englóbase nos actos do 800 aniversario, mais nin a Federación nin o equipo local aseguran nada ao respecto e a localidade será sede compartida xunto con Miño.