Betanzos compartirá sede con Marín para os estatais infantís por clubes de baloncesto

Sinatura do convenio para organizar o torneo

Betanzos será sede do campionato estatal infantil masculino este ano. Marín acollerá, pola súa banda, o campionato feminino. As dúas localidades son a aposta da federación galega, que por sétimo ano organiza esta proba. O evento coincide co 35 aniversario do pavillón municipal, que precisamente inaugurara un campionato estatal xuvenil en xuño de 1985.

O pavillón do Carregal acollerá durante unha semana aos mellores 32 equipos de todo o estado. A Federación Española de Baloncesto, por medio da Federación Galega, asinou o convenio que compromete a axuntar esforzos a tres bandas entre FEB, Concello de Betanzos e Club Santo Domingo Betanzos para que o mellor baloncesto do estado se dea cita en Betanzose. Será o próximo mes de xuño e será a XLI edición da cita.