As mozas do Santo Domingo caen en Santiago por 63-55

Un encontro do Santo Domingo feminino

O Santo Domingo feminino rendiu visita a pasada fin de semana, la liga da segunda división senior feminina, ao Inmaculada de Santiago.

Con varias baixas e viaxando só 8 xogadoras, o partido comezaba con bos ataques tanto locais como visitantes, sempre cun marcador igualado.

O segundo cuarto viría marcado polo fallo no tiro, onde non conxunto betanceiro non lograba subirse ao partido, perdendo claramente a loita polo rebote e indo aos vestiarios 12 abaixo ao descanso.

O terceiro cuarto sería moi desmotivante, con varios balóns perdidos e unha desventaxa que se alongaba aos 18 puntos. Pero tras un tempo morto e a chegada do último período houbo unha reacción… as defensas subiron a intensidade e tras varios contra ataques a diferenza reducíase ata tan só 4 puntos.

A partir de aí, o acerto no tiro libre das locais decantaría un gran partido, igualado e moi ben pelexado. Boa imaxe a mostrada en Santiago para continuar pelexando as dúas xornadas que restan.