As mozas do Betanzos gañan a liga

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

Con 61 puntos e a falta dunha xornada, o Betanzos C.F. proclamouse campión de Liga no grupo 2 da Segunda Galega feminina. As futbolistas betanceiras sácanlle sete puntos ao segundo clasificado e acumulan vinte victorias e un empate e tan só dous partidos perdidos en todo o campionato.

A pasada fin de semana despacharon ás mozas do Sporting Cambre cun contundente 1-5 e pecharaán esta fin de semana a competición ante o conxunto arzuán, novenas na táboa.