As mozas do Betanzos caen en cuartos de final da Copa Deputación

Un partido do Betanzos C.F. feminino. Imaxe do clube

Cun contundente 0-6 o Victoria C.F. puxo fin á participación do Betanzos C.F. na Copa Deputación na súa categoría feminina. O conxunto do Carregal callara unha excelente participación no torneo, mais terá agora que rematar a posta a punto para o inminente inicio da Liga.

O equipo masculino non durou tanto nesta competición. O Sada C.F. mandou a casa aos betanceiros na tanda de penaltis tras un empate a 1 na primeira rolda do torneo.