As infantís do Santo Domingo vencen ao Compañía de María

O conxunto infantil feminino do Santo Domingo

O conxunto xuvenil feminino do Santo Domingo callou unha grande actuación ante as coruñesas do Compañía de María. Un gran inicio da betanceiras condenaba ao equipo local, que encaixaba un parcial de 0-10 e tiña serias dificultades para pasar de campo.

Tras tempo morto, as locais conseguían engancharse un pouco ao partido, pero o ritmo imposto polas mozas do Santo Domingo era demasiado alto e a diferenza no marcador ía aumentando aos poucos.

Á volta dos vestiarios máis do mesmo. As betanceiras mostrábanse moi centradas a pesar de conceder varios rebotes ofensivos que daban excesivas oportunidades ao rival. Xa no último cuarto a diferenza alcanzaba os 50 puntos e pechábase a acta cunha victoria para o Santo Domingo.