As cadetes do Santo Domingo caen na primeira xornada da tempada

Un encontro do Santo Domingo feminino

Cun contundente 79 a 32 as cadetes do Santo Domingo caeron ante o ARXIL no seu debut na fase de ascenso a liga galega, tras tres tempadas de gran traballo e bos resultados a nivel local. O equipo afronta esta fase coa idea de competir fronte a equipos superiores tanto física como tecnicamente. O primeiro rival Arxil, equipo habitual de liga galega, afeito a un ritmo de xogo moito máis alto que o conxunto betanceiro.

A pesar diso os primeiros minutos as mozas betanceiras saíron concentradas e competiron da forma que desexaban, pero co paso dos minutos o nivel físico ía marcando a diferenza, perdas de balón produto do cansazo e o gran acerto das rivais producían que o marcador fose aumentando aos poucos ao seu favor.

A pesar de todo iso o equipo brigantino trataba de facer o seu xogo e conseguía realizar bos minutos de competición, incluso chegando a gañar o parcial do último cuarto. En resumo unha nova experiencia para o equipo, para seguir mellorando e competindo cada vez a máis alto nivel.

Xogaron: Patricia, Marieta (11), Ana (2), Nerea (4), Laura (2), María (6), Paula (3), Patricia Mato, Inés, Sara (4)